Os nenos saen a rúa!

Mañá, día 26 de abril, por fin os máis pequenos poden saír a rúa, pese a isto, para a volta da normalidade aínda teremos que esperar, polo que é de gran importancia que lle expliquemos aos nenos con moita cautela en que consisten estas saídas no proceso de desescalada do confinamento.

 É importante que lle expliquemos aos cativos en que consisten estas saídas antes de que estas teñan lugar:

- Poderán saír os nenos ata os 14 anos de idade. 
- As saídas cos pequenos poden ter lugar entre as 9 da mañá e as 9 da noite.
- A duración das saídas non superará unha hora.
- As saídas cos cativos non poden ser máis alá dun quilómetro da nosa casa. 
Esta aplicación nos calcula o radio de distancia no que nos podemos atopar paseando dende a nosa vivenda.
- Pódese saír con ata 3 cativos á vez.
- Pola rúa débese manter unha distancia de seguridade de uns dous metros coas persoas que circulen pola vía, é de gran importancia explicarlle moi ben isto aos nenos, porque si se atopan cun compañeiro ou amigo pola rúa teñen estar en coñecemento de que non se poden arrimar a el nin xogar con el.
- Temos que explicarlle aos cativos previamente e anticiparlles que nestas saídas non poderemos ir ao parque nin a xogar con outros nenos.
- Dende hoxe, xa podemos atopar masscarillas para nenos de venta nas farmacias.
- Debemos insistir aos cativos antes de saír á rúa na importancia de non tocar nada. Temos que lembrar que o virus pode sobrevivir un periodo prolongado de tempo en diferentes superficies bancos, farolas, asfalto... 
- Temos que ser estrictos e responsables nas saídas que levamos a cabo. Todos temos moitas ganas de volver as nosas vidas é por iso que é importante que respectemos o tempo das saídas cós nenos e todas as medidas de seguridade que temos que levar a cabo nestas saída para que canto antes esta situación torne cara a normalidade.
- Temos que explicarlle previamente aos nenos que cando volvamos a casa temos que desinfectar aqueles obxectos ou prendas que estiveron en contacto con cousas que atopamos na rúa

Para rematar, e facervos máis sixela esta explicación para os máis cativos da casa, deixovos uns contos que nos poden servir de instruccións para as saídas dos nenos durante o confinamento:

El oso goloso

Superhéroe contra el virus

¡Ya podemos salir a la calle!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Transición a secundaria

Xestionar as emocións

Información de interese xeral