Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

A importancia das rutinas no confinamento

Ola!! Hoxe xa fai quince días que levamos confinados, así que, no post de hoxe quería darvos uns truquiños que vos axuden a continuar levando o confinamento do mellor xeito posible. No post de pautas xerais faleivos da impotancia de organizar un horario para facer máis levadeiro este confinamento e para establecer unhas rutinas cos nenos. Hoxe, quería falarvos de como podedes organizar esas rutinas para facer máis levadeiro o que nos queda de corentena. 1. Erguerse sempre a mesa hora.   O feito de poñer o espertador diariamente a mesma nos axudará a ter máis organizada e disciplinada a nosa rutina, axudará a autorregularnos, a autorganizarnos e, en definitiva, a facer máis sinxelo o confinamento. 2. Manter os hábitos diarios de coidado e hixiene.   Polo feito de que pasemos todo o día na casa, non quere dicir que estemos enfermos para pasar todo o día co pixama. Polo que é moi importante que procuremos seguir os nosos hábitos de coidado e hixiene como se fosemos a ir a t

Aprendizaxe interactivo

Ola!! Hoxe quería dedicarlle un post a miña web favorita de aprendizaxe interactivo. Certo é que hoxe en día existen un gran número de páxinas web con contidos interactivos para o aprendizaxe dos nenos, pero fai uns anos tiven que que indagar na pescuda de webs que se adaptasen para levar a cabo as tarefas únicamente cunha plataforma dixital. E foi aquí cando de tanto indagar atopei a páxina que mellor se adaptaba ao aprendizaxe interactivo: Mundo primaria. Agora explicareivos porque me resulta tan valiosa esta web e porque penso que vos pode resultar moi útil nestes tempos de confinamento para que os nenos aprendan xogando. 1. Esta web conta con contidos adaptados por niveis.    Podemos atopar contidos da etapa de primaria dende o primeiro ata o sexto nivel. 2. Aparecen contidos por materias.   Podemos atopar contidos de inglés, lingua castelá e matemáticas; organizados de diferentes niveis e de diferentes xeitos (xogos, fichas, etc..) 3. Conta con lecturas comp

O espazo de traballo

Ola!! Hoxe quería falarvos da importancia de contar cun espazo destinado ao traballo na nosa casa. Este aspecto non é soamente útil en tempos de confinamento, senón , que é moi importante que o apliquemos sempre nas nosas rutinas. O noso cerebro tende a idenficar os espazos coas accións, polo que é moito máis sinxelo realizar as tarefas e o traballo nun lugar que noso cerebro identifica que esta destinado para iso. É dicir, se, ocasionalmente, os nenos realizar as tarefas na cociña, outras no salón e outras na súa habitación, é máis díficil que se centren na realización do traballo e máis sinxelo que non rematen as tarefas e que se distraían. Polo que se aínda non contamos cun lugar destinado para tal fin, este e o moment.  O lugar debe estar organizado e con todos os materiais que os nenos precisen realizar o seu traballo, pero, tamén, iso quere dicir que se debe contar únicamente có material imprescindible para realizar as tarefas escolares e o estudo.  Por exemp

Exercicio físico

Imagen
Ola!! Hoxe vouvos a falar da importancia do exercicio físico e de telo en conta nestes tempos de confinamento para facer física e psicolóxicamente máis levadeira a situación actual. Diariamente, aínda que non todos os nenos acudan a actividades que impliquen exercicio físico, na escola, os nenos xogan, corren, asisten as súas clases de educación física e agora... pasamos do todo a nada... Se sodes  deses afortunados que tedes unha casa con xardín, aínda gozarecedes dun privilexiado espazo ao aire libre onde os nenos poden seguir xogando e realizando exercicio e actividade física. Para os que tedes que pasar o voso confinamento nun piso notaredes como a actividade física dos nenos e a vosa vese considerablemente diminuída. E como nun piso é complicado realizar a actividade física recomendable diaria pola OMS para manterse sans (10.000 pasos ao día) (díficil que non imposible...). Deixovos unha serie de enlaces con actividades que podedes realizar cos nenos sen precisar máis

Pautas xerais

Ola!! Neste post, indicareivos unha serie de pautas xerais de como facer máis levadeiro este periodo de cuarentena cos nenos. 1. Organizade un horario.  A día de hoxe  moitos de vos xa teredes un horario organizado de como levar a cabo estos días de confinamento na casa. Pero para os que aínda non o fixechedes ESTE É O MOMENTO! Establecer unha rutina no noso día a día, fixando horarios de comida, descanso e traballo, é necesario non soamente para os nenos senón para nos mesmos! Un exemplo de horario pode ser: 9:00 - Levantámonos 9:00-10:00 - Desayuno e hixiene personal 10.00- 12:00 -Traballo escolar 12.00- 12:30 -Tempo de lecer 12:30- 14:00 - Continuamos coas tarefas escolares e estudo 14:00 - 17:00 - Comida e descanso (os nenos deben axudar nas tarefas do fogar: poñer a mesa, recollela, fregar, etc...) 17:00- 18:00 - Tempo de exercicio 18:00- 19:00 - Merenda e descanso 19:00 - 21:00 - Tempo de lecer en familia 21:00- 22: 00 -Cea Este é un exemplo

Comezamos!

Benvidos a este novo blog de orientación educativa! Neste blog colgaranse consellos, pautas, orientacións e recursos para familas, alumnos, mestres.... e para quen queira seguir as miñas recomendacións para facer máis levadeira esta corentena. Tocounos vivir una situación díficil da que, sen dúbida, sairemos máis reforzados, polo que soamente nos queda afrontala do mellor xeito posible. Moito ánimo a todos e a todas!! É lembrade cal é o noso grito de guerra: RESISTIRÉ!!