O espazo de traballo
Ola!!
Hoxe quería falarvos da importancia de contar cun espazo destinado ao traballo na nosa casa.
Este aspecto non é soamente útil en tempos de confinamento, senón , que é moi importante que o apliquemos sempre nas nosas rutinas.
O noso cerebro tende a idenficar os espazos coas accións, polo que é moito máis sinxelo realizar as tarefas e o traballo nun lugar que noso cerebro identifica que esta destinado para iso.
É dicir, se, ocasionalmente, os nenos realizar as tarefas na cociña, outras no salón e outras na súa habitación, é máis díficil que se centren na realización do traballo e máis sinxelo que non rematen as tarefas e que se distraían. Polo que se aínda non contamos cun lugar destinado para tal fin, este e o moment.
O lugar debe estar organizado e con todos os materiais que os nenos precisen realizar o seu traballo, pero, tamén, iso quere dicir que se debe contar únicamente có material imprescindible para realizar as tarefas escolares e o estudo.
Por exemplo, podemos habilitar un rincón da súa habitación que conte con: escritorio, libros, todo tipo de materiais escolares (lapices, folios, regra, compás etc.), e co ordenador ou tablet únicamente se precisa para desenvolver as tarefas. Tamén destacar a importancia de que este espazo este ordenado, organizado e que conte con a luminosidade suficiente.
O espazo de traballo debe estar destinado únicamente para tal fin, é dicir, que á hora de merendar vou a outro sitio, leo noutro espazo e realizo actividades de ocio noutro lugar. Dese xeito o cerebro asociará rapidamente que ese lugar esta destinado ao traballo e na máis estar nel será máis sinxelo realizar as tarefas dun xeito eficaz e cunha maior concentración.
*Por suposto, esta recomendación, non é so útil para os nenos, xa que, se vos mesmos tedes que teletraballar podedes poñer en práctica este aspecto e comprobaredes como vos resulta moito máis sinxelo realizar o traballo dede a casa.
Un saúdo e moito ÁNIMO!!!
Comentarios
Publicar un comentario