Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

Os nenos saen a rúa!

Mañá, día 26 de abril, por fin os máis pequenos poden saír a rúa, pese a isto, para a volta da normalidade aínda teremos que esperar, polo que é de gran importancia que lle expliquemos aos nenos con moita cautela en que consisten estas saídas no proceso de desescalada do confinamento.  É importante que lle expliquemos aos cativos en que consisten estas saídas antes de que estas teñan lugar: - Poderán saír os nenos ata os 14 anos de idade.  - As saídas cos pequenos poden ter lugar entre as 9 da mañá e as 9 da noite. - A duración das saídas non superará unha hora. - As saídas cos cativos non poden ser máis alá dun quilómetro da nosa casa.  Esta  aplicación  nos calcula o radio de distancia no que nos podemos atopar paseando dende a nosa vivenda. - Pódese saír con ata 3 cativos á vez. - Pola rúa débese manter unha distancia de seguridade de uns dous metros coas persoas que circulen pola vía, é de gran importancia explicarlle moi ben isto aos nenos, porque si se atopan

Pautas educativas

Ola!! Xa que nestes tempos de confinamento o tempo que pasamos cos nenos na casa pode dar lugar á desorganización das pautas de crianza que levamos cos nenos, neste post deixovos unhas pautas educativas básicas que vos poden axudar a mellorar a convivencia cos nenos e a que estes sexan máis obedientes e responsables. PAUTAS EDUCATIVAS BÁSICAS   - As pautas son principios e estratexias xerais para educar. Son como as regras de xogo que hai que respectar na educación dos fillos. - Non son receitas concretas para solucionar problemas concretos, pero si vos axudarán a orientarvos a tomar decisións e en moitos casos, 1. Acordo entre a parella - Esta é a principal pauta educativa. O neno ou a nena ten que recibir o mesmo mensaxe de papá e de mamá. Cada un poderá ter o seu propio sinal, pero finalmente a mensaxe educativa, as normas e límites, teñen que ser os mesmos. Se o neno ou a nena recibe mensaxes contraditorias, primeiro desconcertarase, despois tentará saca

Por qué os nenos non fan caso?

Neste tempo que levamos de confinamento é normal que, en ocasións, nos coste traballo que os nenos nos fagan caso e sigan as nosas ordes. Temos que ter en en conta que o desaxuste diario da situación actual provoca unha maior inestabilidade emocional nos nenos e fai que estes recurran con maior frecuencia a desobediencia e as rabietas. Por iso, a continuación vouvos a propor unhas pautas xerais de actuación para lograr que  nenos nos fagan caso con maior frecuencia e sexan máis obedientes. Pautas para cando os nenos non fan caso Por que non obedecen? A continuación daranse unha serie de motivos que soen ser a causa de que os nenos non obedezan: - Danse moitas ordes seguidas. - As ordes non se dan convenientemente:  * Transmitides inseguridade e pouco convencemento ao dalas.  * En lugar de dar a orde, preguntades: Queres lavarche xa as mans?  * A orde é pouco clara ou demasiado abstracta: Se bo; pórtate ben.   - Non hai normas ou se as hai, son incoherent

Información de interese xeral

Ola! Hoxe quería comentavos a existencia dunha serie de servizos que vos poden resultar útiles durante o confinamento: - Servizo de apoio psicolóxico.   A Xunta de Galiza pon a disposició de toda a cidadanía un servizo gratuíto de apoio psicolóxico para todas aquelas persoas que así o precisen. Para acceder a este servizo non tedes máis que chamar ao 112 e solicitar ser atendido por un especialista en psicoloxía. Trátase dun servizo que esta a disposición da cidadanía as 24h do día. O concello de Pontevedra tamén conta cun servizo de atención psicolóxica para adultos e para nenos Meniños : un psicólogo, unha traballadora social e unha educadora social estarán a disposición da cidadanía no número de teléfono  678 75 49 33  de luns a domingo, en horario de 10:00 a 14:00 horas. AECC : 9 psicólogos e psicólogas atenderán chamadas nos teléfonos   986 85 03 98  e   986 84 83 34. - Servizo de impresión de tarefas.   A Cruz Vermella de Pontevedra conta cun servizo

Visitas virtuais

Ola!! Como ben sabedes ao longo do curso se tende a organizar excursións, visitas, saídas, etc. Xa que a experiencia que viven os rapaces durante as saídas son unha importante fonte de aprendizaxes. Xa que nestes intres é imposible que os cativos poidan saír da casa a coñecer lugares e vivir experiencias, teremos que aproveitar a posibilade que nos ofrecen as novas tecnoloxías de poder viaxar sen saír á rúa. A cotinuación expoñereivos uns enlaces mediante os cales teredes acceso a visitas virtuais. 1.  Sagrada familia de Gaudí A través deste enlace teremos acceso a unha visita virtual por esta impresionante obra aquitéctonica que aínda segue sen rematar. 2. Paseos virtuais por Exipto. Descobre algunhas maravillas das edificacións e monumentos do antigo Exipto. Catacumbas de Kom el Shoafa de Alexandría Paseo virtual polo templo de Kalabasha Paseo virtual pola tumba de Ramses VI Paseo pola Tumba de Meresankh III en Guiza Paseo virtual pola tumba de Sennedje

Primeiro mes de confinamento superado!

Ola!! Hoxe xa fai un mes que nos atopamos confinados na casa e a medida que pasa o tempo a situación podese ir complicando de xeito progesivo. Despois destes 30 días pode que xa nos atopemos moi cansos, sen saber que facer, estresados, etc. Pasado este tempo é posible que abadonaramos as rutinas coas que comezamos este confinamento, por qué?  Pode que a medida que fosen pasando os días fosemos abandodando esas rutinas que nos facían tan ben ao principio. No comezo deste situación os días podían facerse "máis amenos", atopábamos cousas que facer na casa e agora pode parecer que esta situación nos poida chegar a parecer desesperante polos longos prazos que conleva. Que podemos facer para volver a atoparnos mellor?? 1. Debemos volver ao comezo.  Mirar atrás e pensar nesos primeiros días de confinamento nos que a situación non se facía tan mala. Pensade en que facíamos para pasar o tempo, como nos distraíamos que cousas nos mantiñan activos... Se  a día d

TEA en confinamento

Ola!!  Hoxe é o día mundial do autismo, polo que quería dedicar o post de hoxe as persoas con TEA. Para comezar, sinalar que o Real Decreto que entrou en vigor durante o confinamento permite que os rapaces e rapazas con TEA saian a rúa acompañados dun adulto. Polo que se observamos dende as nosas ventás que no vecindario se atopan nenos paseando con adultos, por favor, evitade ter prexuízos xa que se poden tratar de nenos con TEA que polas súas necesidades precisan saír á rúa. A continuación deixovos uns consellos para facer máis levadeira a corentena para todas aquelas persoas que convivades con nenos ou adultos con TEA. 1. Manter as rutinas. Conserva os hábitos adquiridos que tiña antes do confinamento: levántalle e déitalle á mesma hora, mantén os horarios das comidas, segue coa mesma rutina de duchas, estrutura o seu día con actividades diversas e se flexible as fins de semana. 2. Infórmalle con anticipación. Actúa de maneira moi organizada e planificada

O estrés e a ansiedade durante o confinamento

Imagen
Ola!! Xa fai un tempo que levamos confinados e esta situación pode desencadear en episodios de estrés e ansiedade que se poden chegar incluso a confundir coa sintomatoloxía do Covid-19. Durante as dúas primeiras semanas debimos procurar establecer rutinas que nos fixeran máis levadeira esta situación, non obstante, a medida que pasa o tempo o confinamento pode xerar un malestar psicolóxico que pode ir crecendo. Os nenos, teñen maior facilidade para adaptarse aos cambios, aínda así, dependendo do seu temperamento e da súa personalidade poden xerar periodos de ansiedade e de estrés ante a incerteza desta nova situación.  Pode ser que, en ocasións, os rapaces nos fagan preguntas que non poidamos ou non sepamos resolver, coma por exemplo: Cando poderei sair a rúa? Cando volvemos a escola? Cando podemos ver aos avós? etc. Os rapaces quererán saber o cando e o porqué desta situación, xa que non podemos explicarlle o cando destas situacións con exatitude, podemos empregar diferen