Información de interese xeral

Ola!
Hoxe quería comentavos a existencia dunha serie de servizos que vos poden resultar útiles durante o confinamento:

- Servizo de apoio psicolóxico. 

A Xunta de Galiza pon a disposició de toda a cidadanía un servizo gratuíto de apoio psicolóxico para todas aquelas persoas que así o precisen. Para acceder a este servizo non tedes máis que chamar ao 112 e solicitar ser atendido por un especialista en psicoloxía. Trátase dun servizo que esta a disposición da cidadanía as 24h do día.

O concello de Pontevedra tamén conta cun servizo de atención psicolóxica para adultos e para nenos

  • Meniños: un psicólogo, unha traballadora social e unha educadora social estarán a disposición da cidadanía no número de teléfono 678 75 49 33 de luns a domingo, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
  • AECC: 9 psicólogos e psicólogas atenderán chamadas nos teléfonos 986 85 03 98 e 986 84 83 34.

- Servizo de impresión de tarefas. 
A Cruz Vermella de Pontevedra conta cun servizo de impresión de tarefas para todo aquel alumnado que así o precise para continuar coa súa formación. Se precisades deste servizo ou coñecedes de alguén que así o precise podedes poñervos en contacto co voso centro educativo para que solicite esta opción para o desenvolvemento da actividade académica.

- Servizo de comedor aos bolserios.

Atención a todos os menores bolseiros (usuarios de servizos sociais) nos comedores escolares
 Teléfonos de información:
  • 986 850 398
  • 986 848 334

Se precisades algún destes servizos ou coñecedes de alguén que os poida precisar, non dubidedes en poñelle en coñecemento esta información.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Transición a secundaria

Xestionar as emocións