Entradas

Transición a secundaria

Ola!! O post de hoxe vai dedicado aos máis maiores da escola, os alumnos de sexto. Este ano non poderemos facer a despedida deste etapa do xeito habitual, pero isto non quere dicir, que non vaiamos a ter despedida! Quería empezar comentándovos algúns aspectos diferentes que vos ides atopar para o próximo curso, para que vos vaiades mentalizando durante o verán dos cambios que iredes a ter o curso que ven. 1. Máis horas de clase! Na escola estades 5 horas ao día, un total de 25 horas á semana. O curso que ven isto vai a ser diferente para todos vos. Teredes 32 horas semanais de clase, que na maioría dos institutos divídense en 6 horas diarias e unha tarde a semana con dúas horas de clase. Noutros institutos o que haberá serán 6 horas diarias 3 días a semana e outros 2 días 7 horas.  Se sumades as dúas opcións vos dan 32 horas semanais que son 7 horas máis á semana das que estábades ata agora na escola. Por iso, a imporantacia de que almorcedes aínda mellor e qu

Xestionar as emocións

Imagen
Ola! Hoxe quería falarvos dunha técnica para mellorar o control das emocións dos nenos:  a técnica da tartaruga.  Esta técnica consiste no desenvolvemento dunha historia que nos sirve de soporte para explicarlle aos nenos como teñen que controlar as súas emocións. Podemos contarlle aos nenos esta historia tantas veces como consideremos convinte para que interioricen o seu desenvovemento ante unha posible rabieta ou ante a incapcidade de controlar e xestionar as súas emocións. A continuación, deixovos o conto que nos sirve de guía para aplicar esta técnica cos máis pequenos da casa. O conto da tartaruga Hai moito tempo, vivía unha tartaruga pequena e   risueña. Tiña 8 anos. Chamábase   Torti. A   Torti non lle gustaba ir á escola. Prefería quedarse na casa coa súa nai e a súa   irmá. Non quería estudar nin aprender nada: só lle gustaba correr e xogar cos seus amigos, ou pasar as horas mirando a TV. Parecíalle horrible ter que ler e ler, e facer eses terribles problemas

Os nenos saen a rúa!

Mañá, día 26 de abril, por fin os máis pequenos poden saír a rúa, pese a isto, para a volta da normalidade aínda teremos que esperar, polo que é de gran importancia que lle expliquemos aos nenos con moita cautela en que consisten estas saídas no proceso de desescalada do confinamento.  É importante que lle expliquemos aos cativos en que consisten estas saídas antes de que estas teñan lugar: - Poderán saír os nenos ata os 14 anos de idade.  - As saídas cos pequenos poden ter lugar entre as 9 da mañá e as 9 da noite. - A duración das saídas non superará unha hora. - As saídas cos cativos non poden ser máis alá dun quilómetro da nosa casa.  Esta  aplicación  nos calcula o radio de distancia no que nos podemos atopar paseando dende a nosa vivenda. - Pódese saír con ata 3 cativos á vez. - Pola rúa débese manter unha distancia de seguridade de uns dous metros coas persoas que circulen pola vía, é de gran importancia explicarlle moi ben isto aos nenos, porque si se atopan

Pautas educativas

Ola!! Xa que nestes tempos de confinamento o tempo que pasamos cos nenos na casa pode dar lugar á desorganización das pautas de crianza que levamos cos nenos, neste post deixovos unhas pautas educativas básicas que vos poden axudar a mellorar a convivencia cos nenos e a que estes sexan máis obedientes e responsables. PAUTAS EDUCATIVAS BÁSICAS   - As pautas son principios e estratexias xerais para educar. Son como as regras de xogo que hai que respectar na educación dos fillos. - Non son receitas concretas para solucionar problemas concretos, pero si vos axudarán a orientarvos a tomar decisións e en moitos casos, 1. Acordo entre a parella - Esta é a principal pauta educativa. O neno ou a nena ten que recibir o mesmo mensaxe de papá e de mamá. Cada un poderá ter o seu propio sinal, pero finalmente a mensaxe educativa, as normas e límites, teñen que ser os mesmos. Se o neno ou a nena recibe mensaxes contraditorias, primeiro desconcertarase, despois tentará saca

Por qué os nenos non fan caso?

Neste tempo que levamos de confinamento é normal que, en ocasións, nos coste traballo que os nenos nos fagan caso e sigan as nosas ordes. Temos que ter en en conta que o desaxuste diario da situación actual provoca unha maior inestabilidade emocional nos nenos e fai que estes recurran con maior frecuencia a desobediencia e as rabietas. Por iso, a continuación vouvos a propor unhas pautas xerais de actuación para lograr que  nenos nos fagan caso con maior frecuencia e sexan máis obedientes. Pautas para cando os nenos non fan caso Por que non obedecen? A continuación daranse unha serie de motivos que soen ser a causa de que os nenos non obedezan: - Danse moitas ordes seguidas. - As ordes non se dan convenientemente:  * Transmitides inseguridade e pouco convencemento ao dalas.  * En lugar de dar a orde, preguntades: Queres lavarche xa as mans?  * A orde é pouco clara ou demasiado abstracta: Se bo; pórtate ben.   - Non hai normas ou se as hai, son incoherent

Información de interese xeral

Ola! Hoxe quería comentavos a existencia dunha serie de servizos que vos poden resultar útiles durante o confinamento: - Servizo de apoio psicolóxico.   A Xunta de Galiza pon a disposició de toda a cidadanía un servizo gratuíto de apoio psicolóxico para todas aquelas persoas que así o precisen. Para acceder a este servizo non tedes máis que chamar ao 112 e solicitar ser atendido por un especialista en psicoloxía. Trátase dun servizo que esta a disposición da cidadanía as 24h do día. O concello de Pontevedra tamén conta cun servizo de atención psicolóxica para adultos e para nenos Meniños : un psicólogo, unha traballadora social e unha educadora social estarán a disposición da cidadanía no número de teléfono  678 75 49 33  de luns a domingo, en horario de 10:00 a 14:00 horas. AECC : 9 psicólogos e psicólogas atenderán chamadas nos teléfonos   986 85 03 98  e   986 84 83 34. - Servizo de impresión de tarefas.   A Cruz Vermella de Pontevedra conta cun servizo

Visitas virtuais

Ola!! Como ben sabedes ao longo do curso se tende a organizar excursións, visitas, saídas, etc. Xa que a experiencia que viven os rapaces durante as saídas son unha importante fonte de aprendizaxes. Xa que nestes intres é imposible que os cativos poidan saír da casa a coñecer lugares e vivir experiencias, teremos que aproveitar a posibilade que nos ofrecen as novas tecnoloxías de poder viaxar sen saír á rúa. A cotinuación expoñereivos uns enlaces mediante os cales teredes acceso a visitas virtuais. 1.  Sagrada familia de Gaudí A través deste enlace teremos acceso a unha visita virtual por esta impresionante obra aquitéctonica que aínda segue sen rematar. 2. Paseos virtuais por Exipto. Descobre algunhas maravillas das edificacións e monumentos do antigo Exipto. Catacumbas de Kom el Shoafa de Alexandría Paseo virtual polo templo de Kalabasha Paseo virtual pola tumba de Ramses VI Paseo pola Tumba de Meresankh III en Guiza Paseo virtual pola tumba de Sennedje