Por qué os nenos non fan caso?

Neste tempo que levamos de confinamento é normal que, en ocasións, nos coste traballo que os nenos nos fagan caso e sigan as nosas ordes. Temos que ter en en conta que o desaxuste diario da situación actual provoca unha maior inestabilidade emocional nos nenos e fai que estes recurran con maior frecuencia a desobediencia e as rabietas. Por iso, a continuación vouvos a propor unhas pautas xerais de actuación para lograr que  nenos nos fagan caso con maior frecuencia e sexan máis obedientes.


Pautas para cando os nenos non fan caso

Por que non obedecen?

A continuación daranse unha serie de motivos que soen ser a causa de que os nenos non obedezan:

- Danse moitas ordes seguidas.

- As ordes non se dan convenientemente:
 * Transmitides inseguridade e pouco convencemento ao dalas.
 * En lugar de dar a orde, preguntades: Queres lavarche xa as mans?
 * A orde é pouco clara ou demasiado abstracta: Se bo; pórtate ben. 
- Non hai normas ou se as hai, son incoherentes. Terminades deixando que faga o que non estaba permitido.
- As medidas que adoptades cando non fai caso, incumprídelas.
- Hai diferentes coidadores, con diferentes normas.
- Tamén pode ser un neno máis túzaro e difícil de manexar.
- Finalmente, os nenos afixéronse a desobedecer e que iso non teña consecuencias. Dalgunha forma veuse premiando, o feito de non facer caso, ao conseguir case sempre saírse coa súa.


Que facer para que obedezan?

1. Establecer unhas normas.

- O neno debe dispor dunhas normas claras e concretas. As normas estarán referidas aos diferentes tempos, espazos, trato coas persoas e obxectos. Adaptarédelas á idade e madurez do neno.
- As ordes que dedes ao neno, non serán caprichos persoais, senón que estarán referidas a esas normas básicas, só serán un recordatorio.

 Algúns exemplos de normas son:
*Os xoguetes recóllense ao terminar
*O abrigo cólgase na percha
*Cómese sentado na cadeira
*Ao volver do parque báñaste
*Hai que deitarse ás dez

2. Como dar as ordes?

-Asegurarvos de que vos escoitan e atenden cando lle dades unha orde.
-Deben ser claras e concretas, expresar claramente que estades a esperar que fagan.
-Deben darse con seguridade e contundencia. A orde non pode ser unha pregunta: Queres recoller?
- Debedes dar as ordes dunha nunha, sen atosigar e sen dar todas á vez.
- Deixade un tempo prudencial para que a leven a cabo.
- Supervisade que as ordes se cumpren adecuadamente.
- Eloxiade ao neno cando as cumpra.

3. Prestar máis atención.

- O neno debe descubrir que se lle presta moita máis atención cando se porta ben que cando se porta mal. Igual ocorre cando cumpre as normas e obedece.
- Desta forma aumentaredes a probabilidade de que se volva a comportar así e indicarédeslle de maneira concreta como esperades que se comporte a próxima vez.

  
Que facer si desobedece

1.Tres chamadas de atención.
Se a pesar das medidas anteriores o neno desobedece, chamarédeslle a atención un máximo de tres veces.
A primeira vez lembrarédeslle a orde.
A segunda chamada farédela con máis contundencia.
A terceira e última, anticiparédeslle as consecuencias se non obedece.
2. Obrigar.
Cando non atendeu ás chamadas de atención, acudiredes e obrigarédeslle ao que lle mandastes: recoller, ordenar, ir cear...
3. Reprimenda.
Cando desobedecer ten unha consecuencia negativa, darédeslle unha reprimenda breve e contundente, lembrándolle cal é a norma.
4. Retirarlle privilexios.
- Cando a desobediencia é moi reiterativa, podédeslle retirar algún privilexio: por exemplo, retirarlle un xoguete ou unha actividade que lle guste.
-Tédela que aplicar canto antes. O tempo de retirada debe ser breve: por exemplo, retirarlle un xoguete durante unha hora, en nenos pequenos, ou unha tarde, en máis maiores, e será máis fácil de cumprir pola vosa banda.
5. Ser coherentes.
É importante que os fillos vexan que os pais sodes coherentes coas normas. Se dicimos que non, ten que ser non.
6. Non premiar a desobediencia.
-O neno non pode aprender que co seu mal comportamento e insistencia consegue cambiar as vosas decisións como pais.
- Se o neno desobedece e sáese coa súa, estaredes premiando o seu mal comportamento e aumentará a probabilidade de que volva facelo nunha situación similar.
7. Acordo entre a parella.
Os nenos deben recibir o mesmo mensaxe de papá e de mamá. Se existen discrepancias, non debedes mostralas diante do neno ou nena.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Transición a secundaria

Xestionar as emocións

Información de interese xeral