Transición a secundaria

Ola!!
O post de hoxe vai dedicado aos máis maiores da escola, os alumnos de sexto.

Este ano non poderemos facer a despedida deste etapa do xeito habitual, pero isto non quere dicir, que non vaiamos a ter despedida!

Quería empezar comentándovos algúns aspectos diferentes que vos ides atopar para o próximo curso, para que vos vaiades mentalizando durante o verán dos cambios que iredes a ter o curso que ven.

1. Máis horas de clase!

Na escola estades 5 horas ao día, un total de 25 horas á semana. O curso que ven isto vai a ser diferente para todos vos.
Teredes 32 horas semanais de clase, que na maioría dos institutos divídense en 6 horas diarias e unha tarde a semana con dúas horas de clase. Noutros institutos o que haberá serán 6 horas diarias 3 días a semana e outros 2 días 7 horas. 
Se sumades as dúas opcións vos dan 32 horas semanais que son 7 horas máis á semana das que estábades ata agora na escola.

Por iso, a imporantacia de que almorcedes aínda mellor e que durmades ben polas noites!!

2. Un profe por materia!

No cole estábades acostumados a que en todos os cursos a maior parte das materias vola impartise o mestre titor ou titora, polo que tiñades soamente cambio de mestre nas áreas de E.F., Música, Inglés, relixión e ás veces algunha máis. Pero, a maior parte do tempo a pasábades co voso titor ou titora.

No instituto, isto é diferente, cada profesor imparte unha materia, o que quere dicir isto que ides a ter moitos máis profesores, e que cada hora cando cambiemos de materia cambiaremos de profesor.
Isto, tamén quere dicir, que nos temos que acotumar a diferentes formas de traballo, xa que, cada profesor pode preferir as tarefas de xeito distinto.

3. Diferentes materias!

Estas van a se as materias que os ides atopar o curso que ven en 1º da ESO, algunhas, son vellas conocidas como as matemáticas e outras son novas e por coñecer coma a segunda lingua estraxeira.


Lingua Galega e Literatura
Lingua Castelá e Literatura
Matemáticas
Primeira Lingua Estranxeira
**Xeografía e Historia: Esta materia máis que nova é curmá das ciencias sociais que xa todos coñecedes.
**Bioloxía e Xeoloxía: Seguramente atoparedes moitas similitudes coas ciencias naturais que estivéchedes dando ata agora.
Educación Física
Educación Plástica, Visual e Audiovisual
**Segunda Lingua Estranxeira: Francés/Alemán: Ides ver como aprender outra lingua vai a ser unha experiencia maravillosa.
Valores Éticos/ Relixión

É onde está a Música??? Pois... teredes que esperar ata segundo da ESO para poder volver a atopar a materia que nos tantas vaces nos fai cantar e bailar.

4. Máis espazos!

Estades actostumados a estar nunha pequena escola onde é sinxelo coñecer a todos os mestres e mestras así como a todos os nenos e nenas aínda que non estén na vosa clase. Agora, iso vai cambiar un pouquiño, xa que, nos institutos hai moitos máis alumnos que no cole e moitos máis profesores e profesoras, así  como máis espazos e máis grandes. Pero isto, non é máis que unha oportunidade que tendes de facer máis amigos e amigas e de coñecer a outros profesores.

5. Novos compañeiros!

Na vosa nova clase, ides a estar con compañeiros actuais e con outros novos que veñen doutras escolas. Algúns dos vosos compañeiros de clase estarán o próximo curso noutras aulas ou algúns noutros institutos, pero esto non quere dicir que non sigades coas vosas amistades que tendes dende cativos, soamente quere dicir, que ides a facer aínda máis amigos dos que tiñades.


Estes son os cambios máis relevantes que ides a atopar en 1º da ESO, ademáis de que pasades a ser os máis cativos do instituto!!

Rematar decíndovos que esta escola, sempre vai a ser a vosa escola, aínda que xa non estedes aquí, polo que podedes voltar a visitarnos cando queirades, xa que vos imos botar moitísimo de menos!!!

Unha aperta enorme para todos os nenos e nenas de 6º!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Xestionar as emocións

Información de interese xeral