Primeiro mes de confinamento superado!
Ola!!
Hoxe xa fai un mes que nos atopamos confinados na casa e a medida que pasa o tempo a situación podese ir complicando de xeito progesivo.
Despois destes 30 días pode que xa nos atopemos moi cansos, sen saber que facer, estresados, etc.
Pasado este tempo é posible que abadonaramos as rutinas coas que comezamos este confinamento, por qué?
Pode que a medida que fosen pasando os días fosemos abandodando esas rutinas que nos facían tan ben ao principio. No comezo deste situación os días podían facerse "máis amenos", atopábamos cousas que facer na casa e agora pode parecer que esta situación nos poida chegar a parecer desesperante polos longos prazos que conleva.
Que podemos facer para volver a atoparnos mellor??
1. Debemos volver ao comezo.
Mirar atrás e pensar nesos primeiros días de confinamento nos que a situación non se facía tan mala.
Pensade en que facíamos para pasar o tempo, como nos distraíamos que cousas nos mantiñan activos...
Se a día de hoxe temos abandonadas aquelas actividades que comezamos nos primeiros días e que nos facían tan ben agora é o momento en que debemos retomalas para intetar volver a encauzar esta situación e facela máis levadeira.
2. Horarios.
Poida que tras estos días de semana santa, sumados aos anteriores días de confinamento, deran lugar a un desaxuste de horarios. Poida que nos comecemos a deitar máis tarde,que perdamos os ritmos de vida, que nos deitemos máis tarde por falta de sono, que desordenemos as comidas... É probable que algún desaxuste deste tipo nos puidera pasar. Por iso,é importante que volvamos a facer un reaxuste, se o ritmo de vida veuse "desordenado" con esta situación, agora, toca volver a ordenalo. Poñamos o noso esperatodor, independientemente do noso horario de traballo, e volvamos a establecer uns horarios ordenados. Madrugar axudaranos a conciliar o sono e volver a logar un horario có que nos sintamos mellor.
3. Rutinas, rutinas, rutinas.
As rutinas son moi necesarias para manter un orden nas nosas vidas. Pode ser que ao principio comezasemos moi estrictos con este aspecto e que pouco a pouco a medida que pasou o tempo nos deixasemos levar. Pois agora, tempos que volver a atrás e volver a reorganizar unhas rutinas, (sempre temos que pensar que estas deben ser realistas), que nos axuden a pasar do mellor xeito posible os días que nos quedan na casa.
4. Conexión social.
Poida que ao comezo desta situación abundasen as videochamadas, chamadas, mensaxes, etc, cos amigos, familia, etc. Pero que pouco a pouco nos comecemos a "agobiar" e que fosemos espaciando estas conexións sociais no tempo.
É moi importante que manteñamos unha conexión social cos nosos seres queridos, tamén poderíamos contactar con compañeiros e amigos dos nosos fillos para que estes tamén sigan mantendo contacto social cos seus iguais.
5. Comunicar emocións.
É probable que pasado este tempo comecemos a ter sentimentos complicados que den lugar a malestar, ganas de chorar, estrés, insomnio, sentimento de desesperanza...
Os nenos poden sentirse igualmente irascibles, que choren frecuentemente, rabietas... ao non ser quen de xestionar correctamente as emocións nesta situación.
É imporante comprender que esta situación de inestabilidade emocional non soamente as sofren os nenos, senón, tamén, nos mesmos. É por iso que é importante que comuniquemos cos nosos vínculos de confianza as nosas emocións, como nos sentimos e que nos "vaciemos" un pouco disto.
Debido a que esta situación xenera inestabilidade emocional na maior parte da poboación , a Xunta de Galicia puxo a disposición da cidadanía un canle de atención telefónica para prestar atención psicolóxica. Si precisades da súa atención non tedes máis que chamar ao 112 e vos derivarán con este servicio o cal esta activo as 24 horas do día.
Espero que estas recomendacións axúdenvos a levar dun mellor xeito este confinamento.
Un saúdo e moito ÁNIMO!!!
Comentarios
Publicar un comentario