Pautas educativas

Ola!!

Xa que nestes tempos de confinamento o tempo que pasamos cos nenos na casa pode dar lugar á desorganización das pautas de crianza que levamos cos nenos, neste post deixovos unhas pautas educativas básicas que vos poden axudar a mellorar a convivencia cos nenos e a que estes sexan máis obedientes e responsables.


PAUTAS EDUCATIVAS BÁSICAS

 - As pautas son principios e estratexias xerais para educar. Son como as regras de xogo que hai que respectar na educación dos fillos.
- Non son receitas concretas para solucionar problemas concretos, pero si vos axudarán a orientarvos a tomar decisións e en moitos casos,


1. Acordo entre a parella

- Esta é a principal pauta educativa. O neno ou a nena ten que recibir o mesmo mensaxe de papá e de mamá. Cada un poderá ter o seu propio sinal, pero finalmente a mensaxe educativa, as normas e límites, teñen que ser os mesmos. Se o neno ou a nena recibe mensaxes contraditorias, primeiro desconcertarase, despois tentará sacar partido ao desacordo.

- Hai que evitar desautorizar o que calquera membro da parella dixo diante do neno, evitar discutir as normas diante deles, criticarnos con eles presentes ou incumprir os acordos dicindo que non se decate papá ou mamá. Noutros casos, o desacordo maniféstase cando un dos membros se desentende e é o outro o que ten que asumir todo o peso da tarefa de educar.

- O acordo supón que tedes que negociar, reflexionar xuntos até tomar as mellores decisións, en definitiva ir a unha.

2. Ser un exemplo positivo

-  Os pais, queirádelo ou non, sodes sempre o exemplo e o espello no que se reflicten os nenos. Obsérvanvos sempre e sempre aprenden das vosas actitudes, reaccións ou de como resolvedes determinadas situacións.

- Como pais, estades obrigados a ser un exemplo positivo para os vosos fillos, porque do voso exemplo aprenderán, para ben ou para mal.

  
3. Ensinanza directa

- A mellor forma de educarlles é ensinarlle directamente o que queredes que fagan, como desexades que se comporten ou actúen en determinadas situacións.

- A gran maioría dos pais utilizades esta técnica para ensinar aos vosos fillos, desde ben pequenos, por exemplo, o significado dos semáforos. O mesmo podedes facer con outras normas, costumes e actitudes.

4. Dispoñer de normas e límites

- Os nenos deben dispor dunhas normas e límites claros e concretos. As normas e límites son como as regras de xogo dentro das cales poden actuar. As normas dan seguridade e ademais forman parte do funcionamento básico da nosa sociedade e da nosa cultura.

- Adoitan estar referidas á propia seguridade, a rúa crúzase collido da man; respecto a tempos e horarios, despois do parque vén o baño; relación coas persoas, coidado de obxectos, etc.

- Estarán adaptadas á idade, á capacidade de cada neno e ás circunstancias.

5. Adoptar medidas si se incumpren as normas

- Se os pais establecedes unhas normas e límites estades obrigados a ser coherentes e procurar o seu cumprimento. Se non cumpren as normas debedes adoptar medidas para que o seu incumprimento teña consecuencias.

- Se non hai consecuencias, as normas e os límites deixan de ser efectivos, disípanse e perden a súa función. Pero peor aínda é cando de forma arbitraria, unhas veces teñen consecuencias e outras non.

- As medidas que se adoitan adoptar cando as normas incúmprense serán progresivas e poden ser chamar a atención, rifar, reparar os danos, condicionar o poder realizar determinadas tarefas  na casa...

  
6. Reforzar as conductas axeitadas

 O reforzo positivo das condutas e actitudes adecuadas é unha das medidas educativas máis eficaces. Cando reforzades, pondes toda a vosa atención na conduta adecuada e enviádeslle a mensaxe de así é como esperamos que actúes a próxima vez.

- As formas de reforzar son variadas. Unha das máis eficaces adoita ser prestar especial atención ao comportamento adecuado. Curiosamente moitos pais confesades prestar máis atención aos vosos fillos cando o comportamento é inadecuado.

- O eloxio e a aprobación tamén é moi efectivo. O mesmo sucede con asociar o feito de gozar de determinados privilexios, actividades ou obxectos a comportamentos adecuados: ata que non fagas isto, non podes facer o outro, é unha boa medida.

7. Falar co neno ou coa nena

- Hai que comezar sempre tratando de falar e razoar con eles. As normas e límites non son caprichos persoais, teñen a súa razón. A maioría dos nenos adoitan acatalas cando se lles razoa.

- Falar con eles, explicarlles os motivos da actuación, o que se espera deles, é unha pauta fundamental.

8. Educar con afecto

- As relacións cos fillos son basicamente afectivas. O afecto e a súa demostración debe estar sempre presente nas súas distintas manifestacións: abrazos, bicos, caricias pero tamén é afecto escoitarlles, dedicarlles tempo, ter detalles, ter paciencia.

-Pero querelos non é darlles todo o que piden. O afecto non exclúe que se adopten medidas, que se lles corrixa, que se lles esixa ou que se lles adestre en que certas cousas necesitan esforzo para conseguirse.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Transición a secundaria

Xestionar as emocións

Información de interese xeral