O estrés e a ansiedade durante o confinamento
Ola!!
Xa fai un tempo que levamos confinados e esta situación pode desencadear en episodios de estrés e ansiedade que se poden chegar incluso a confundir coa sintomatoloxía do Covid-19.
Durante as dúas primeiras semanas debimos procurar establecer rutinas que nos fixeran máis levadeira esta situación, non obstante, a medida que pasa o tempo o confinamento pode xerar un malestar psicolóxico que pode ir crecendo.
Os nenos, teñen maior facilidade para adaptarse aos cambios, aínda así, dependendo do seu temperamento e da súa personalidade poden xerar periodos de ansiedade e de estrés ante a incerteza desta nova situación. Pode ser que, en ocasións, os rapaces nos fagan preguntas que non poidamos ou non sepamos resolver, coma por exemplo: Cando poderei sair a rúa? Cando volvemos a escola? Cando podemos ver aos avós? etc. Os rapaces quererán saber o cando e o porqué desta situación, xa que non podemos explicarlle o cando destas situacións con exatitude, podemos empregar diferentes contos e historias para explicarlle con maior claridade o porqué. A continuación deixovos uns enlaces con contos e historias para explicarlle aos nenos porqué:
Estos contos, contan dende unha perspectiva adaptada aos máis pequenos, o que supón a situación do covid-19. Explicarlle aos nenos mediante historias a situación axudaralles a comprensión da mesma e contribuirá a que se tomen esta situación dun xeito máis relaxado.
Ante posibles situacións de estrés e ansiedade outra técnica que nos pode resultar útil para mellorar estes aspectos cos nenos é o MINDFULNESS. A continuación deixovós uns enlaces cuns exercicios para os nenos.
Estes exercicios axudan a que os nenos se sintan máis relaxados e contribúen a diminiur a ansiedade e o estrés.
Outros exercicios que vos recomendo para diminuír o estrés a ansiedade son:
- A práctica de exercicio (ioga, exercicio cardiovascular... )
**contades con enlaces no post de exercicio físico.**
- Actividades nas que os nenos se atopen concentrados
( xogos do seu interese, puzzles, etc)
- Lectura de contos do seu interese.
(Cando os nenos se atopan "sumerxidos" nunha lectura tenden a evadirse da situación)
*** Tamén, comentarvos que moitas veces as emocións dos nenos son o reflexo das nosas mesmas. Os nenos percataranse se nos atopamos nerviosos, ansiosos e preocupados e eles mesmos poden comezar a sentir esas emocións. De ahí que tamén temos que atopar un xeito de que, como adultos, consigamos evadirnos desta situación e mostarnos máis relaxados, polo voso benestar psicolóxico e polo o dos vosos fillos.
Moito ÁNIMO!!!!!
Comentarios
Publicar un comentario