TEA en confinamento

Ola!! 

Hoxe é o día mundial do autismo, polo que quería dedicar o post de hoxe as persoas con TEA.

Para comezar, sinalar que o Real Decreto que entrou en vigor durante o confinamento permite que os rapaces e rapazas con TEA saian a rúa acompañados dun adulto. Polo que se observamos dende as nosas ventás que no vecindario se atopan nenos paseando con adultos, por favor, evitade ter prexuízos xa que se poden tratar de nenos con TEA que polas súas necesidades precisan saír á rúa.

A continuación deixovos uns consellos para facer máis levadeira a corentena para todas aquelas persoas que convivades con nenos ou adultos con TEA.


1. Manter as rutinas.
Conserva os hábitos adquiridos que tiña antes do confinamento: levántalle e déitalle á mesma hora, mantén os horarios das comidas, segue coa mesma rutina de duchas, estrutura o seu día con actividades diversas e se flexible as fins de semana.

2. Infórmalle con anticipación.
Actúa de maneira moi organizada e planificada para que sexa consciente das actividades que vai levar a cabo durante o día. Tan importante é para os nenos con TEA ter unha estrutura no seu día a día como que estean informados das actividades que van realizar ao longo da xornada e que poidan opinar sobre elas.


3.Infórmalle sobre a situación actual.
Unha conversación con eles axudaralles comprender a situación e as medidas de prevención que se están aplicando. Utiliza materiais de apoio como contos ou debuxos para explicarlle ao teu fillo/á importancia da hixiene, de lavarse as mans ou de non ter contacto con outras persoas.


** No post anterior contades con contos que vos poden axudar a explicarlles esta situación**

4. Combina actividades.

Dentro da súa rutina diaria, combina actividades que supoñan un esforzo e requiran certa concentración mental con propostas de carácter máis lúdico para evadirse e exercicios físicos adaptados. Así mesmo, como membros do fogar é importante que os menores con autismo poidan participar nas tarefas domésticas.

5. Establecer momentos de relaxación.
Engade actividades sensoriais á súa día a día. Por exemplo, axúdalle a montar un refuxio con mantas de diferentes texturas, ensínalle a utilizar materiais que lle permitan formar combinacións de cores ou proponlle actividades con diversos cereais para que exercite o seu sentido do tacto.
6.Pasea con el.
O Ministerio de Saúde estableceu que as persoas con TEA que teñan alteracións conductuales están habilitadas para saír á rúa cun acompañante, a condición de que leven as acreditacións e respecten as medidas de prevención de contaxio.

Ademáis de estas orientacións específicas para persoas con TEA, nas publiacións anteriores podedes obter recursos que vos faciliten o a organización do día a día e actividades que podedes empregar (podedes visitar as publicacións de: exercicio físico (onde tedes vídeos con exercicios para realizar na casa), ansidedade e estrés no confinamento (nesta publicación contades con contos para explicar a sitaución actual así como enlaces de mindfulness, moi útil para controlar o estrés e a ansiedade), rutinas xerais, espacio de traballo (moi importante ter en conta organizar debidamente o espacio de traballo coas persoas con TEA), etc.

**Espero que estas orientacións os sirvan de axuda.

Un saúdo e moito ÁNIMO!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

O espazo de traballo

Primeiro mes de confinamento superado!