Pautas xerais
Ola!!
Neste post, indicareivos unha serie de pautas xerais de como facer máis levadeiro este periodo de cuarentena cos nenos.
1. Organizade un horario.
A día de hoxe moitos de vos xa teredes un horario organizado de como levar a cabo estos días de confinamento na casa. Pero para os que aínda non o fixechedes ESTE É O MOMENTO!
Establecer unha rutina no noso día a día, fixando horarios de comida, descanso e traballo, é necesario non soamente para os nenos senón para nos mesmos!
Un exemplo de horario pode ser:
9:00 - Levantámonos
9:00-10:00 - Desayuno e hixiene personal
10.00- 12:00 -Traballo escolar
12.00- 12:30 -Tempo de lecer
12:30- 14:00 - Continuamos coas tarefas escolares e estudo
14:00 - 17:00 - Comida e descanso (os nenos deben axudar nas tarefas do fogar: poñer a mesa, recollela, fregar, etc...)
17:00- 18:00 - Tempo de exercicio
18:00- 19:00 - Merenda e descanso
19:00 - 21:00 - Tempo de lecer en familia
21:00- 22: 00 -Cea
Este é un exemplo de horario que podemos realizar, pero por suposto o horario deberedelo adaptar as vosas circunstacias.
Sería unha boa idea elaborar o horario de xeito grupal cos nenos para que sexan participes da súa elaboración e sobre todo de como levalo a cabo!
2. Exercicio diario
O exercicio diario é moi necesario, non so para os nenos, senón para nos mesmos, o estado de confinamento límita en gran medida a nosa actividade física diaria, polo que é impotante que nos conciencemos deste feito e procuremos dedicar unha hora diaria a realizar exercicio físico.
Hoxe en día grazas as novas tecnoloxías contamos con gran variedad de titoriales en youtube para realizar exercicio cos máis cativos: yoga para nenos, zumba para nenos, etc. Con contar cun pequeno espazo na nosa casa será suficiente.
3. Tempo de descanso e desconexión
Parece moi evidente, pero o certo é que na máis encender o televisor ou consultar as noticias estamos sempre co mesmo tema presente. Estar constantemente escoitando as abrumadoras noticias perxudica o noso benestar psicolóxico e remata por repercutir no noso benestar familiar e nos máis pequenos.
Por iso é preciso realizar tarefas que nos desconecten desta situación que estamos vivindo, para iso podemos: empregar o exercicio físico, a lectura, a pintura xogos en familia ou podemos ver unha película para toda a familia, etc.
4. Empreguemos este tempo para desenvolver a creatividade
A creatividade parte do aburrimento, polo que agora que os nenos pasan tanto tempo na casa, teñen tempo de aburrirse e desenvolver a súa creatividade: a pintura, a música, a escritura de contos, a elaboración de materiais audivisuais, etc.
Tarefas tipo:
-Inventa un conto que comeza do seguinte xeito:
Había unha vez un malvado virus que chegou ao noso planeta...
- Fai un debuxo que represente a túa historia
- Elabora un cómic en representación desta historia
- Deseña (con bonecos, plástilina, etc ) como ten lugar esta historia
- Inventa unha canción para explicar aos outros nenos porque nos quedamos na casa
- Etc...
Estas son algunhas ideas de tarefas que podemos suxerir para que os nenos estén entretidos á vez que desenvolven a súa creatividade.
5. Os nenos suman
Xa que, os nenos non están acostumados a pasar tanto tempo na casa, en moitas ocasións, non son conscientes do traballo que leva organizar un fogar. Polo que aproveitando situación podemos involucralos nas tarefas do fogar para que asuman responsabilidades no coidado do mesmo. Recoller e poñer a mesa, ordenar, limpar, son algunhas das actividades da vida diaria nas que podemos facer participes aos nenos.
Aproveitemos a súa axuda, nós o agradeceremos e eles tamén o agradecerán.
** Estas son unhas pautas xerais de como podemos organizarnos cos nenos nestes tempos de confinamento. Irei subindo máis contidos e suxerencias.
Un saúdo e moito ánimo!!!
Graciñas Ruth
ResponderEliminar