Exercicio físico

Ola!!
Hoxe vouvos a falar da importancia do exercicio físico e de telo en conta nestes tempos de confinamento para facer física e psicolóxicamente máis levadeira a situación actual.

Diariamente, aínda que non todos os nenos acudan a actividades que impliquen exercicio físico, na escola, os nenos xogan, corren, asisten as súas clases de educación física e agora... pasamos do todo a nada...
Se sodes  deses afortunados que tedes unha casa con xardín, aínda gozarecedes dun privilexiado espazo ao aire libre onde os nenos poden seguir xogando e realizando exercicio e actividade física.

Para os que tedes que pasar o voso confinamento nun piso notaredes como a actividade física dos nenos e a vosa vese considerablemente diminuída. E como nun piso é complicado realizar a actividade física recomendable diaria pola OMS para manterse sans (10.000 pasos ao día) (díficil que non imposible...). Deixovos unha serie de enlaces con actividades que podedes realizar cos nenos sen precisar máis que uns poucos metros da vosa casa.

Ioga para nenos: O ioga trátase dunha disciplina que nos axuda a relaxarnos, a liberar tensión e mellora a concentración. 






Zumba para nenos: trátase dunha serie de exercicios elaborados ao son da música. Libera endorfinas e tensións por medio do baile!






Entrenamento funcional con nenos:  Trátase dunha serie de exercicios que implican a exercictación de diferentes grupos musculares.







Estos son algúns exemplos de vídeos que podedes atopar con exercicio físico de diferentes tipos adaptados aos nenos.  O idel sería que convinedes diferentes vídeos e exercios para que os nenos non se aburran pero que procuredes que realicen algo de exercicio diariamente.

A actividade física diaria é moi importante xa que nos axuda a manter a nosa masa muscular, eliminar graxa, manternos activos e produce endorfinas ( comunmente coñecidas como as hormonas da felicidade). Por iso ante esta inactividade provocada polo confinamento é de relevancia que programedes un tempo diario para realizar exercicio físico na casa, será beneficioso tanto para a saúde física e mental dos nenos como para vosa mesma.

Un saúdo e moito ÁNIMO!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

TEA en confinamento

O espazo de traballo

Primeiro mes de confinamento superado!