A importancia das rutinas no confinamento
Ola!!
Hoxe xa fai quince días que levamos confinados, así que, no post de hoxe quería darvos uns truquiños que vos axuden a continuar levando o confinamento do mellor xeito posible.
No post de pautas xerais faleivos da impotancia de organizar un horario para facer máis levadeiro este confinamento e para establecer unhas rutinas cos nenos. Hoxe, quería falarvos de como podedes organizar esas rutinas para facer máis levadeiro o que nos queda de corentena.
1. Erguerse sempre a mesa hora. O feito de poñer o espertador diariamente a mesma nos axudará a ter máis organizada e disciplinada a nosa rutina, axudará a autorregularnos, a autorganizarnos e, en definitiva, a facer máis sinxelo o confinamento.
2. Manter os hábitos diarios de coidado e hixiene. Polo feito de que pasemos todo o día na casa, non quere dicir que estemos enfermos para pasar todo o día co pixama. Polo que é moi importante que procuremos seguir os nosos hábitos de coidado e hixiene como se fosemos a ir a traballar e como se os nenos fosen a ir a escola. Procuremos facer o mesmo que facíamos habitualmente e procuremos que os nenos realicen os mesmos rituais de coidado hixiene. Este aspecto é moi importante para manternos mellor psicolóxicamente ante esta situación na que nos estamos atopando.
3.Ter un horario fixo e organizado de comidas, así como planificalas. Estar todo o día na casa non quere dicir que comamos a calquera hora e de calquera xeito. Debemos establecer unha orde e un coidado especial nas comidas. Que pasemos moito tempo na casa non ten que dar pé ao consumo de alimentos pouco saludables e de calquera xeito. É maís, podemos ver esta situación como unha opotunidade para organizar dun xeito ordenado e saudable as comidas do día. Para organizar este aspecto podemos contar cos nenos na elaboración da lista da compra, ter en conta que aínda que os alimentos que máis duran non son productos frescos, é moi importante incluir no consumo diario productos frescos coma froitas e verduras. Xa que, debemos realizar o menor número de visitas posibles ao supermercado é importante que organicemos previamente o que imos comprar, realizar a lista da compra cos nenos é un aspecto moi positivo para a súa adquisición de hábitos de vida saudables.
Tamén, podemos implicar aos nenos na nosa cociña, que nos axuden na elaboración das comidas diarias materá aos nenos entretidos, faraos partícipes das tarefas do fogar e axudaraos a aplicar múltiples contidos que aprenderon na escola sen que eles mesmos se den conta.
4. Manter un tempo diario para actividade física. Xa dediquei un post coa importancia que de realizar exercicio físico diario para maternos sans e para a saúde física e mental.
Pode que a medida que se prolongue isto vos resulte máis complicado cumprir este aspecto (sobre todo os que vivides nun piso). Pero creedeme que a actividade física vaivos a ser moi útil para que tantos os nenos coma vós mesmos vos sintades mellor.
5. Que as vosas rutinas se basen nun horario realista. Por suposto, se realizastedes un horario inicial e vedes que non se adapta as vosas necesidades ou que vos resulta moi difícil de cumprir, podedes modificalo tantas veces coma necesitedes. O importante de realizar un horario é que sexa realista, no sentido de que sexamos capaz de cumprilo e, tamén, no sentido de facer a vida en confiamento o máis realista posible, é dicir, o máis parecida a nosa vida cotiá.
6. Manter un horario fixo para deitarnos e respectar as horas de sono. Un horario fixo para deitarnos poder resultar moi útil para conciliar o sono máis facilmente.
Despois do tempo que levamos en confinamento pode que a moitos de vós resultevos difícil conciliar o sono, descansar ben ou dormir toda a noite. As rutinas diarias axudannos a regular o noso sono, ao igual que realizar actividade física diariamente e desconectar das novas tecnoloxías antes de deitarnos.
Podedes aproveitar esta época de confimanto para adquirir hábitos máis saudables antes de durmir, como por exemplo: ler antes de durmir libros de entrenemento persoal axudannos a conciliar o sono e a desconectar máis facilmente. Tamén, dicirvos con isto que unha das formas polas que aprenden os nenos é por imitación, polo que se os nenos nos ven ler é moi probable que eles tamén queiran facelo. Pode ser que os nenos tamén comecen a presentar problemas para conciliar o sono ante os cambios que se produciron nas súas vidas en tan pouco tempo, polo que é moi importante que a través das rutinas e dos horarios lles axudemos a implantar orden mental.
Podedes aproveitar esta época de confimanto para adquirir hábitos máis saudables antes de durmir, como por exemplo: ler antes de durmir libros de entrenemento persoal axudannos a conciliar o sono e a desconectar máis facilmente. Tamén, dicirvos con isto que unha das formas polas que aprenden os nenos é por imitación, polo que se os nenos nos ven ler é moi probable que eles tamén queiran facelo. Pode ser que os nenos tamén comecen a presentar problemas para conciliar o sono ante os cambios que se produciron nas súas vidas en tan pouco tempo, polo que é moi importante que a través das rutinas e dos horarios lles axudemos a implantar orden mental.
**Estes son algúns consellos que vos poden servir para ter en conta no voso día a día durante o confinamento. A medida que pasa o tempo isto pode facerse cada vez máis duro, de ahí a importancia de manter as rutinas para que nos axuden a ter orden e organización nas nosas vidas.
Un saúdo e moito ÁNIMO!!
.
Comentarios
Publicar un comentario