Aprendizaxe interactivo
Ola!!
Hoxe quería dedicarlle un post a miña web favorita de aprendizaxe interactivo.
Certo é que hoxe en día existen un gran número de páxinas web con contidos interactivos para o aprendizaxe dos nenos, pero fai uns anos tiven que que indagar na pescuda de webs que se adaptasen para levar a cabo as tarefas únicamente cunha plataforma dixital. E foi aquí cando de tanto indagar atopei a páxina que mellor se adaptaba ao aprendizaxe interactivo: Mundo primaria.
Agora explicareivos porque me resulta tan valiosa esta web e porque penso que vos pode resultar moi útil nestes tempos de confinamento para que os nenos aprendan xogando.
1. Esta web conta con contidos adaptados por niveis. Podemos atopar contidos da etapa de primaria dende o primeiro ata o sexto nivel.
2. Aparecen contidos por materias. Podemos atopar contidos de inglés, lingua castelá e matemáticas; organizados de diferentes niveis e de diferentes xeitos (xogos, fichas, etc..)
3. Conta con lecturas comprensivas con preguntas autocorrexibles. Estas tarefas son as ideais para traballar cos primeiros niveis de primaria.
4. Conta con fichas imprimibles. Ademáis do material interactivo, se contamos con impresora, podemos obter gran cantidade de recursos imprimibles. Entre outros, conta con gran cantidade de mandalas (as cales se tratan dun recurso moi útil para reforzar a atención e a concentración dos nenos mentres se divirten pintando).
5. Conta con gran cantidade de xogos que están relacionados con contidos académicos. Deste xeito os nenos nin se percatan que están repasando ou aprendendo contidos académicos debido ao divertido que lles resulta o aprendizaxe mediante o xogo.
6. Conta con contos, trabalinguas e lecturas moi útiles e divertidas para os nenos.
Recoméndovos esta web porque, como mestra, estiven tirando moito dela, e resultoume a web interactiva máis completa que coñecín ata a data. Así que anímovos a que a probedes cos nenos para que aprendan xogando por medio dela.
Deixovos o enlace para que o comprobedes por vós mesmos:
Moito ánimo e que pasedes unha boa fin de semana!!
E non vos esquezades de DESCONECTAR!!
Comentarios
Publicar un comentario